Visito Santiago con certa frecuencia nestes últimos meses e dei coa imaxe que se emprega para simbolizar as festas compostelás deste ano. O certo é que resultou moi do meu gusto e esténdolle os parabéns a súa autora -Iria Aldegunde- e a quen o escolleu.

Para alguén que lembre un pouco de onde vimos opérase nel unha asociación espontánea co estilo e a estética do ilustrador Camilo Díaz Baliño, responsable de moitos carteis desta mesma festa, xusto neste ano cando nos achegamos aos noventa anos do seu asasinato.

A figura emblemática da personaxe feminina, foi moi célebre nas campañas do Estatuto do 36, fíxome lembrar neste día ao propio Díaz Baliño. Recupero aquí unha autocaricatura, coido que pouco difundida, que realizou no ano 1924 para as páxinas de El Pueblo Gallego. Feliz Día da Patria.

NUESTROS COLABORADORES
Camilo Díaz Baliño, notable pintor gallego que ha obtenido un triunfo con la portada de nuestro último extraordinario
Autocaricatura