António Lobo Antunes: Retrato de um homem de meia-idade usando jaqueta de couro e suéter, segurando um cigarro.

«LODEIRO. OBRA GRÁFICA»

Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría

O Mugart (Museo do Gravado de Artes de Ribeira) inaugurou a exposición «Lodeiro. Obra gráfica», composta por un total de 11 serigrafías e máis de 60 pezas de linogravados e xilografías, alén de diversas matrices de linográficas e xilográficas. Velaquí unha oportunidade para coñecer de maneira monográfica os extraordinarios gravados de Lodeiro, inspirados no construtivismo e no espírito comprometido do autor. Exposición que cadra, ademais, co 25 cabodano da morte do artista e a estrea dun documental centrado na súa figura.

Cláudia Pascoal: A group of female singers performing on stage under purple lights, wearing black and white patterned outfits.

 «CHORAR, CHOREI»

Adianto de Tanxugueiras

Chegou o adianto de O cuarto, novo álbum das Tanxugueiras que presentarán no Coliseum da Coruña no vindeiro mes de outubro, única data en Galicia para este ano e que conmemora os dez anos de traxectoria deste grupo.

Chorar, chorei afonda nunha vertente máis emocional aínda, onde a dor precisa ser nomeada e cantada desde a potencia das harmonías vocais do grupo, que agora acariñan as experiencias propias para convertelas en mensaxe que ecoa coa percusión tradicional entretecida con outras modulacións musicais.

Capa do livro Poemáforos (Colección Moraima) de Celso Emilio Ferreiro

«POEMÁFOROS»

Celso Emilio Ferreiro

Hai vida (literaria) máis aló de Longa noite de pedra. Este Poemáforos (neoloxismo polisémico que inventa Xabier Ferreiro, editor literario do libro, e que pode interpretarse como libro que porta poemas) testemuña como a obra do celanovés é case inextinguible.Segundo volume da colección «Moraima» que edita Elvira, ofrece un libro híbrido que durmía nos arquivos familiares: aforismos, poemas manuscritos ou pensamentos cuxa orixe e transcendencia conta Ledicia Costas marabillosamente nun epílogo.

Editorial Elvira Páx. 238, Prezo 22

Capa do livro Escolas na e coa natureza: A revolución pedagóxica do século XXI de Corine Martel, Sylvain Wagnon

«ESCOLAS NA E COA NATUREZA»

Corine Martel e Sylvain Wagnon

Teño a convicción, avalada neste caso por experiencia, que sacar o alumnado da aula e entregalo ao coñecemento doutras realidades, sexan estas urbanas ou dunha contorna natural, só reporta beneficios. Este libro, en tradución de Isabel Soto, oriéntase cara á existencia doutros modelos de aprendizaxe que ofrece a natureza. Velaquí un espazo educativo tantas veces esquecido que contribúe a explorar formas do coñecemento e do desenvolvemento físico e emocional.

Editorial Kalandraka Páx. 238, Prezo 19

António Mortágua, David Cabecinha e outro ator: Uma fotografia de cena do filme 'Falar é Fácil' com três homens parados em frente a um carro branco em um ambiente externo.

 «A MORTE NOS TEUS OLLOS

Estrea de Guillermo de Oliveira

En breve chegará á gran pantalla unha película de suspense inspirada nun feito real —que recreou con acerto Álex Alonso en Granito (2020)— como foi o crime ocorrido en Nigrán en 1994. Estréase así o vigués Guillermo de Oliveira como director dunha longametraxe tras dirixir a curta Sauerdogs e o documental nominado ao Goya Desenterrando Sad Hill. Para a película contou cun reparto composto por Nerea Barros, Antonio Durán Morris, Pepe Lorente e Iván Marcos e cómpre estar atentos á súa inminente estrea.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 27 de marzo de 2026.