Luis Sepúlveda: Fotografia em preto e branco de um homem idoso com barba e óculos falando ao microfone.

É de regra deixar aquí unha evocación rápida da figura do profesor, investigador e activista político que faleceu onte con 85 anos e ao que me uniu unha relación extraordinariamente cordial.

Cheguei a “Foz” no seo dunhas Xornadas dedicadas a Celso Emilio Ferreiro no ano 1989, celebradas na Facultade de Maxisterio da USC en Compostela. Lembro que entregou ás persoas asistentes un feixe de fotocopias que contiñan, se mal non lembro, cartas de Celso Emilio Ferreiro que lle dirixira a el. Logo tomou a palabra e xa demostrou daquela a admiración e respecto que o poeta de Celanova lle suscitaba.

Anos despois brindoume, con xenerosidade, unha axuda extraordinaria para elaborar os meus traballos biográficos sobre Celso Emilio Ferreiro e, ademais, en 2017 incorporouse como membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro tras unha reunión na que Manuel Bragado lera unha laudatio moi emotiva.

Alén de escribir algunhas liñas sobre algunhas das súas obras, polo que sempre se mostrou moi agradecido, tamén respondeu o cuestionario Proust. Boa viaxe, amigo Foz.