Un amigo comunicoume onte o pasamento do profesor e poeta Manolo Vilanova. Cheguei á súa obra literaria anos despois das súas primeiras, e recoñecidas, obras como foron A tarde cheia de verán (1979), E direi-vos eu do mister das cobras (1980) e A lenda das árbores de prata (1985), isto é, tras ese longo hiato de máis de vinte anos cando volveu publicar obra inédita e que foi xuntando en diversos títulos como A esmeralda branca (2006), Antonio das mortes e a muller de verde (2010), Nin sequera no ceo (2011), Un banco na Gran Vía (2016) e o seu derradeiro A substancia das horas (2017). Distinguiume, nos últimos anos, cos seus libros personalizados, cousa que sempre lle agradecín. Descanse en paz Manolo Vilanova (na foto tras a presentación do libro CaRa Inversa, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, na Casa do Libro de Vigo en novembro de 2014), con el desaparece unha gran voz da poesía galega contemporánea, chea de matices e sempre fiel a un camiño propio e independente.
Manolo Vilanova: in memoriam
literatura galega, poesia, obituário, Manuel Vilanova
Texto originalmente publicado em Caderno da Crítica (em galego)