A miña escolla para os 25 libros favoritos de 2025.
Con E de curcuspín
MARIO OBRERO (tradución MOISÉS BARCIA)
EDITORIAL RINOCERONTE
PÁXINAS 190 PREZO 17 €
Cartas de amor ás linguas
A anécdota da ansia castelanizadora que dá título ao libro -ben semellante á contada no poema “Fonema” de Rivas- encerra unha proposta que aposta pola diversidade e a afouta defensa do plurilingüismo. Páxinas que son un espello da sabedoría e o talento dun autor novísimo que ama as linguas coma a nosa. Beizón por este sopro de aire fresco.
