Charlotte Brontë

Jane Eyre

Irmás Cartoné, Santiago, 640 páxinas, 26 €, 2023

O inesquecible personaxe, o clásico incuestionable da literatura inglesa e unha das grandes obras de Charlotte Brontë —que viu a luz baixo o pseudónimo de Currer Bell— está en hora boa porque goza dunha casa fermosa que lle construíu Irmás Cartoné nunha exemplar e coidadísima tradución ao galego a cargo de Celia Recarey. A editorial cumpre xa dez anos de vida cun catálogo de traducións que, tempo é de dicilo, constitúe un orgullo colectivo.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 8 de decembro de 2023.