Apuntaba neste blog hai escasas datas, ao fío de saudar a aparición do libro de poesía Transmatria, que Daniel Asorey tería en pouco tempo un novo libro de narrativa na rúa e velaquí o seu As mulleres da fin do mundo, novela finalista do Premio Xerais e que conta cunha espectacular foto de cuberta da autoría de Javier Teniente. Hai algúns meses lin unha versión desta novela e podo asegurar que é, a meu entender, unha novela chea de matices e sorprendente, que constrúe un mundo sólido e á vez veraz e desacougante: unha desas propostas que se sitúan na rara estirpe das que deixan un pouso permanente para reflexionar. Benvida esta nova achega de Daniel Asorey.