Recibe o Caderno da crítica unha sorprendente achega, por coidada e orixinal en canto á súa estética, novidosa e intensa en canto ao seu contido ao que puiden albiscar e que é Draga, subtitulado (diario de postas 2008/2018) do poeta ourensán Claudio Pato. Un proxecto #Xerminal do Concello da Coruña, conta cun deseño de Numax e, alén do libro en si, incorpórase un un drespregable, unha pegatina e unha edición fascímile dun inédito mecanografado.