Herba
Keum Suk Gendry-Kim (tradución de Alba Verea)
Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 480 páxinas, 28 €
Non se sae indemne desta conmovedora banda deseñada vertida ao galego por Alba Verea. Coma se asistísemos ao desenvolvemento dunha entrevista, reflectida con sinxeleza en elocuentes contrastes en branco e negro, desvélase a vida da “avoa” Lee Okseon, falecida a comezos de 2023, símbolo dun crime de guerra perpetrado con mozas que se convertían en “mulleres de conforto”: eufemismo para describir ás nenas forzadas como escravas sexuais para as tropas do exército imperial xaponés. Muller estigmatizada para sempre mais tamén encarnación inequívoca de resiliencia.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 21 de xuño de 2024.
