Tove Jannson
O libro do verán
Sushi, Cangas do Morrazo, 154 páxinas, 15 €, 2018
O libro do verán, da autora finlandesa Tove Jansson, creadora dos míticos mumins, en tradución ao galego de Moisés Barcia, compila a vida cotiá de moitos veráns nunha illa do golfo de Finlandia. Alén de reflectir a singular relación entre unha avoa octoxenaria e a súa neta Sophia, reloce nel unha hipnótica e inesquecible harmonía entre todo aquilo que pensan, fan e din e a presenza da natureza: verdadeira protagonista do libro pois, á mantenta, esta prosa posibilita que se sinta, se toque e se ula.
Esta breve recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 29 de agosto de 2025.
