
María Xosé Porteiro (fotos Xoán Arco da Vella)
1.– Principal trazo do seu carácter?
– Cando cumpre, a ousadía.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Fraternidade, sororidade.
4.– A súa principal eiva?
– As limitacións que vai traendo a idade.
5.– A súa ocupación favorita?
– Calquera que me active mentalmente.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Non teño.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A dependencia.
8.– Que lle gustaría ser?
– Útil.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste.
10.– A súa cor favorita?
– Vermella.
11.– A flor que máis lle gusta?
– Orquídeas.
12.– O paxaro que prefire?
– Ocas.
13.– A súa devoción na prosa?
–A literatura latinoamericana do S. XX.
14.– E na poesía?
– As poetas galegas.
15.- Un libro?
– Tres Tristes Tigres.
16.– Un heroe de ficción?
– Sherlock Holmes.
17.– Unha heroína?
– Sherezade.
18.– A súa música favorita?
– A barroca.
19.– Na pintura?
– Abstracción lírica. Expresionismo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Calquera que elixa, hoxe, vivir no rural para que non morra.
21.– O seu nome favorito?
– Llerena.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A intromisión.
23.– O que máis odia?
– Non odio ben.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A dos tiranos.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A sanación.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– En paz comigo mesma.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Positivo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Calquera, agás a maldade.
30.– Un lema na súa vida?
-Vive e deixa vivir.