Gloria A. Calvo, Camila Lynn e Agostina Mileo

Puberdade en marcha

Kalandraka, Pontevedra, 64 páxinas, 17 €, 2024

Publicacións sobre as modificacións que se operan na puberdade eran escasas e moitas veces estaban ancoradas nunha visión obsoleta. Por fortuna, hoxe hai material cuxa finalidade é orientarse e informarse neste ámbito con garantías e nesta liña sitúase o recentísimo Puberdade en marcha, escrito por tres profesionais da educación sexual e ilustrado con excelente pulso por Martina Trach. Unha útil e diáfana guía que foxe dos estereotipos máis comúns, responde preguntas clave e formula interrogantes operativos para compartir con adolescentes e non só.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 17 de marzo de 2024.