Tamén a Editorial Galaxia aposta neste libro de fermoso título e atractiva cuberta polo relato breve. Un conxunto de diversas voces “inventaron para este volume relatos sobre libros, lectura, bibliotecas, librerías e xentes que len”. Suxestiva información, fornecida pola casa editora, que xunta historias de Andrea Barreira Freije, Antón Riveiro Coello, Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Imma López Silva, Marilar Aleixandre, Rosalía Fernández Rial, Vanesa Santiago e Xabier López López. Sospeito que para “letraferidos e letraferidas”, pero non só.
Novidade (72): O libro dos libros
literatura, contos, fetiche literário, livros sobre livros
Texto originalmente publicado em Caderno da Crítica (em galego)