Dándolle voltas a algúns proxectos para o vindeiro curso escolar atópome cunha magnífica edición de Lisístrata, de Aristófanes, en Sushi Books e que conta cunha tradución do grego clásico, un limiar e unhas notas de Iria Pedreira Sanjurjo o que, de seu, supón unha garantía de bo facer.
Comedia, como é ben sabido, onde se mesturan doses de humor, historia, reflexións sobre os conflitos bélicos, a paz, o sexo e o feminismo: motivos que poden ser extraordinariamente valiosos para unha relectura, unha lectura en voz alta ou unha escenificación teatral.
