Embora pon en distribución estes días un libro singular que repara nas dimensións biográficas e artísticas de Guadi Galego baixo o título Guadi Galego. Pola beira da canción. O seu autor, Pepe Cunha, articula aquí un traballo intenso e documentado sobre a cantante, cun prólogo da xornalista Teresa Cuíñas e un epílogo de Carlos Crespo. A edición, moi coidada esteticamente, brinda unha oportunidade para coñecer mellor a traxectoria dunha das cantantes galegas contemporáneas máis relevantes e, por extensión, unha parte da nosa historia musical máis recente.
Novidade (201): Guadi Galego. Pola beira da canción, de Pepe Cunha
biografia, música galega, Guadi Galego, literatura
Texto originalmente publicado em Caderno da Crítica (em galego)