Nun ano marcado pola pandemia tamén este blog se resentiu ao ter que reducir o ritmo das entradas. As razóns radicaron na necesaria priorización das tarefas docentes nun curso, 2019-2020, e no que vai do presente, absolutamente absorbentes, e tamén por compor as páxinas dun libro que se presentará publicamente este vindeiro mes de febreiro.

Dun ou doutro xeito, a identidade dixital deste blog, que neste ano cumpre unha década, segue a camiñar polos vieiros da atención ás novidades editoriais dos diversos selos editoriais galegos, a quen agradezo sempre a súa xenerosidade.

Velaquí, as entradas máis vistas deste ano que conclúe coa miña gratitude a todos os que seguides esta plataforma e coa confianza e optimismo depositado nun ano mellor que este.