María Canosa

Escola de bruxas (ilustracións de Maiky Odel)

Xerais, Vigo, 144 páxinas, 12,95 €, 2024

Trala publicación recente, con motivo do Día das Letras Galegas 2024, da biografía infantil Luísa Villalta. Melodía de palabras achega arestora un novo volume do eido no que a súa presenza é máis recorrente como é o da literatura infantil e xuvenil. Nesta ocasión trátase do título Escola de bruxas, ilustrado que explora basicamente as dimensións dunha relación de amizade nacente entre a protagonista, Mencía, e unha nova amiga chamada Niva, todo isto nun contexto académico onde o alumnado debe instruírse nas prácticas dunha maxia branca. O conflito xorde cando se albisca a ameaza do acoso e da persecución por ser, basicamente, diferente, o que dota á historia recreada dunha tonalidade de superación persoal respecto de diversos retos e tamén frustracións que se van acumulando.

Nesta última dimensión teño para min que é relevante a afección da protagonista á música e, concretamente, ao mundo do violín onde non é difícil advertir unha velada homenaxe á figura, precisamente, de Luísa Villalta.

Todo encadrado nunha narrativa fluída, ben estruturada e de rápida complicidade, e á que lle desexamos a maior das sortes posibles.