Hai uns días recibín a noticia da posta en marcha, hai xa algún tempo, dun interesante proxecto que arrinca desde o barrio do Couto ourensán baixo a denominación de Frenética: Laboratorio de Arte e Edición e comandado por Olga Pastor.

O proxecto, do que se pode coñecer a súa filosofía premendo aquí , céntrase tanto no eido da edición de libros como da arte contemporánea. Tiven a sorte de coñecer dúas das súas primeiras realidades editoriais como son, por unha banda, o libro monográfico de artista titulado Baldomero Moreiras. Carteis. Cartazes. Affiches, con textos de Xosé Poldras, Olga Pastor e Isidora Gil González, e por outra o título Las certezas del sol: unha impecable edición bilingüe inglés-castelán de vinte poemas de Emily Dickinson interpretados e debuxados por Marita Carmona.

Parabéns por unha iniciativa creativa tan suxestiva desde o punto de vista estético e de contidos á que lle desexo a maior das sortes.