Gustei moito, no seu día, tanto do Libro de horas como do Escrito en cafeterías de Miguel Anxo Murado por moitas razóns que explicitei nas correspondentes recensións. Chega agora a este Caderno da crítica, desde a Editorial Galaxia, unha nova entrega destas prosas breves e cheas de celme contidas no título Tres minutos no aire -preciosa a cuberta a partir dunha ilustración de Tomacco / Shutterstock- que escolma algunhas das súas colaboracións no programa Diario Cultural entre 2006 e 2009. Cómpre, máis adiante, falar del con vagar. Benvido!