Fanme chegar, desde Lela Edicións, o que entendo como a primeira achega para as Letras Galegas 2025, orientada para un lectorado máis novo aínda que non só, baixo o título de Cantareiras.
Como é adoito na colección que acolle este pequeno pero útil traballo, asinado no que se refire ao texto polos responsables de “Polo correo do vento” e en canto ás ilustracións por Tania Solla, advírtese unha preeminencia por un discurso breve, claro e conciso, ao tempo que informativo para desvelar o proceso que dalgún xeito, grazas ao traballo de Dorothé Schubart e Antón Santamarina, nos conduce a poder coñecer esta parte substantiva da nosa cultura popular. Ao mesmo tempo, como é natural, hai espazo para a reprodución dalgunha copla e cantares populares, alén de presentar as protagonistas desta vindeira celebración, con algunhas suxestións de traballo -básicas e máis profundas- e unha útil bibliografía e filmografía.
Vento nas velas para esta rigorosa proposta, operativa para entrar neste universo da literatura popular que prefiguro exitoso e memorable.
